Juan Carlos Reboredo

Son profesor de Economía na USC, acreditado ao corpo de Catedráticos de Universidade na área de Fundamentos da Análise Económica. Son doutor en Economía, máster en Análise Económica e máster Executive MBA. Actualmente imparto docencia en Microeconomía, Análise Económica dos Mercados Financeiros e Valoración de Riscos Financeiros, tanto a nivel de grao como de máster.

A miña investigación principal céntrase no estudo do risco nos mercados de capitais e da relación de dependencia entre mercados financeiros e enerxéticos. Dentro destes ámbitos, analizo a influencia dos prezos do petróleo na valoración dos activos financeiros e dos tipos de cambio, o risco sistémico nos mercados financeiros e os efectos sistémicos do mercado do petróleo sobre os mercados de enerxías renovables. A miña investigación máis recente analiza o impacto do risco climático sobre os mercados financeiros e enerxéticos, sobre a estabilidade financeira e nas decisións de investimento. Os meus traballos de investigación foron publicados en revistas como Energy Economics, Energy Policy, Journal of Banking and Finance, Journal of International Money and Finance, Renewable and Sustainable Energy Reviews ou Emerging Markets Review, entre outras.

Tiven unha participación activa en tarefas de transferencia de coñecemento ao sector privado, liderando varios contratos de transferencia ao sector financeiro sobre valoración de produtos financeiros e xestión de riscos. Tamén fun investigador principal de varios proxectos de investigación nacionais, evaluador en axencias nacionais e internacionais de investigación e recoñecido pola editorial Elsevier como evaluador sobresaliente de varias revistas científicas.

Utilizamos Cookies propias y de terceros para facilitarle la navegación y mostrarle información relacionada con sus preferencias. Consulte nuestra Política de cookies Si rechaza las cookies podría afectarse la funcionalidad o el uso de esta web Pulsa el botón Aceptar para confirmar que has leído y aceptado la información presentada. Después de aceptar, no volveremos a mostrarte este mensaje.    Configurar cookies
Privacidad