A USC coordina un proxecto que avalía o impacto da prohibición de descartes sobre a pesca artesanal na Unión Europea

A USC coordina un proxecto que avalía o impacto da prohibición de descartes sobre a pesca artesanal na Unión Europea

Os profesores do Grupo de investigación ‘Análise Económica dos Mercados e Institucións’ (AEMI) da USC Manel Antelo e Sebastián Villasante coordinan un traballo encargado polo Parlamento Europeo con vistas a avaliar e estimar os efectos da prohibición de descartes adoptada pola Comisión Europea sobre a pesca artesanal en Europa a partir do 1 de xaneiro de 2015. O informe ‘Small-scale fisheries and the zero discard rate’ deberán entregalo ao Parlamento europeo a finais de febreiro. Ante a incertidume xerada pola nova política pesqueira da Unión Europea sobre a pesca artesanal que só contempla os impactos ambientais dos descartes, o equipo de traballo multidisciplinar coordinado desde a USC que reúne especialistas de España (Ecopath Consortium and Research Development), Francia (IRDC), Portugal (Universidad de Aveiro) e Reino Unido (Universidade de Abeerden) revisará as experiencias de prohibición de descartes adoptadas con éxito noutros países como Australia, Canadá, Islandia, Noruega ou EE.UU. e cales foron os seus efectos non só sobre os ecosistemas mariños senón tamén sobre a dimensión socioeconómica das comunidades costeiras. O estudo valorará ademais medidas técnicas de regulación de alternativas para contemplar os impactos da prohibición de descartes sobre a flota europea.

Utilizamos Cookies propias y de terceros para facilitarle la navegación y mostrarle información relacionada con sus preferencias. Consulte nuestra Política de cookies Si rechaza las cookies podría afectarse la funcionalidad o el uso de esta web Pulsa el botón Aceptar para confirmar que has leído y aceptado la información presentada. Después de aceptar, no volveremos a mostrarte este mensaje.    Configurar cookies
Privacidad