Valoración dos servizos ecosistémicos mariños

Valoración dos servizos ecosistémicos mariños

Os servizos dos ecosistemas mariños (en diante, ES) refírense a aqueles beneficios que os seres humanos obteñen dos ecosistemas mariños e que apoian, directa ou indirectamente, a súa supervivencia e calidade de vida no planeta, e que por tanto contribúen ao desenvolvemento da economía global. Os océanos brindan unha gran cantidade de beneficios que abarcan todas as categorías identificadas pola unidade de Avaliación dos Ecosistemas do Milenio da ONU: aprovisionamento, regulación, aspectos culturais dos ES e de apoio aos ES. Os ES de aprovisionamento inclúen o provisionamiento de alimentos de orixe mariña, capturas pesqueiras, a acuicultura e a alimentación procedente materia prima mariña de orixe salvaxe ou non controlado. Os océanos constitúen tamén importantes fontes de enerxía, como os biocombustibles a partir de algas ou a xeración de enerxía a partir da forza das ondas e das mareas. Os sistemas mariños tamén ofrecen servizos de regulación, como a regulación natural de contaminantes ou a transformación, desintoxicación e atrapamento de residuos. Ademais, os ES caracterizanse por fortes interaccións socioecolóxicas entre os seres humanos e os océanos, creando en ocasións vulnerabilidades, pero tamén xerando oportunidades para o desenvolvemento de novas metodoloxías mais sostibles de avaliación do desempeño dos ES en rexións costeiras.

Neste contexto de oportunidades e retos, o grupo AEMI ofrece modelos integrados e enfoques participativos para investigar os cambios biofísicos, económicos e socioculturais que afectan aoa servicios dos ecosistemas mariños. Os obxectivos principais do grupo AEMI son:

  • comprender o proceso de coprodución da prestación de servizos do ecosistema mariño,
  • crear novos marcos conceptuais para documentar con evidencias empíricas as transformacións dos servizos dos ecosistemas mariños despois de cruzar certos puntos de inflexión,
  • desenvolver modelos ecolóxicos e económicos integrados definindo puntos de inflexión para o posterior estudo dos sistemas socioecolóxicos mariños,
  • co-crear estratexias adaptativas e escenarios futuros con diversos actores para o desenvolvemento de novas políticas nun contexto de cambios constantes e aumento de factores de orixe antropogénico.

Exemplo de proxecto:

https://doi.org/10.1038/s41893-019-0376-1

https://www.nature.com/articles/d41586-019-02054-0

Utilizamos Cookies propias y de terceros para facilitarle la navegación y mostrarle información relacionada con sus preferencias. Consulte nuestra Política de cookies Si rechaza las cookies podría afectarse la funcionalidad o el uso de esta web Pulsa el botón Aceptar para confirmar que has leído y aceptado la información presentada. Después de aceptar, no volveremos a mostrarte este mensaje.    Configurar cookies
Privacidad