Sebastian Villasante

É profesor de economía na Universidade de Santiago de Composetla, onde estuda os procesos de adaptación social, así como a transformación e as vulnerabilidades que afectan os sistemas socioecolóxicos mariños e ás súas comunidades costeiras. Sebastián está especialmente interesado no estudo de diferentes escenarios relacionados co cambio climático global. Neste contexto de investigación, Sebastian traballa no codesenvolvemento de futuros escenarios relacionados coa actividade humana e o antropoceno en xeral. Para iso recorre a modelos cuantitativos combinados con estratexias participativas que inclúen aos principais actores locais con múltiples variables de ámbito local e global para investigar as sinerxias e os impactos da actividade relacionada co sector mariño (por exemplo, pesca comercial e recreativa, acuicultura). Os seus traballos abarcan múltiples disciplinas, desde a ecoloxía ou a economía ata as ciencias sociais, e van desde proxectos cunha dimensión local a proxectos internacionais ou desenvolvidos a escala global.

Sebastián publicou máis de 120 publicacións, incluídos artigos en revistas internacionais líderes. Sebastián tamén participa activamente en iniciativas internacionais e rexionais que combinan ciencia e políticas pesqueiras. Por exemplo, foi o fundador do Grupo de Traballo ICES sobre Resiliencia e Servizos de Ecosistemas Mariños, Coordinador do Grupo de Traballo sobre Valoración Monetaria de servizos ecosistémicos da Ecosystem Services Partnership e cofundador do Grupo de Traballo sobre Pesca a Pequena Escala en Galicia. Ademais, é membro da xunta editorial de Marine Policy and Frontiers of Marine Sciences, e como asesor científico en varias organizacións internacionais e locais, incluíndo entre outras o Future Earth, ou o Consello Internacional para a Exploración do Mar.

Publicacións mais relevantes:

  1. Grafton, Q. et al. (including Villasante, S.) (2019) Realizing Resilience for Decision-making. Nature Sustainability (in press) https://doi.org/10.1038/s41893-019-0376-1
  2. Custodio, M., Villasante, S., Calado, R., Lillebo, A. (2019) Valuation of Ecosystem Services to promote sustainable aquaculture practices. Reviews in Aquaculture (in press) https://doi.org/10.1111/raq.12324
  3. Sumaila, R., Villasante, S., Le Manach, F. (2019) Fisheries subsidies wreck ecosystems, don’t bring them back. Nature Correspondence 571, 36 doi: 10.1038/d41586-019-02054-0
  4. Villasante, S., Pita, P., Antelo, M., Neira, J.A (2019) Socio-economic impacts of the landing obligation of the European Union Common Fisheries Policy on Galician (NW Spain) small-scale fisheries. Ocean and Coastal Management 165: in press.
  5. Carpenter, G., Villasante S., O’Leary B. (2016) Europe: Keep allowable fish catches sustainable. Nature (2016) 531 (7595): 448.
Utilizamos Cookies propias y de terceros para facilitarle la navegación y mostrarle información relacionada con sus preferencias. Consulte nuestra Política de cookies Si rechaza las cookies podría afectarse la funcionalidad o el uso de esta web Pulsa el botón Aceptar para confirmar que has leído y aceptado la información presentada. Después de aceptar, no volveremos a mostrarte este mensaje.    Configurar cookies
Privacidad