{"id":777,"date":"2020-01-28T22:46:25","date_gmt":"2020-01-28T21:46:25","guid":{"rendered":"https:\/\/aemiusc.es\/un-artigo-da-usc-sobre-o-consumo-de-cocaina-en-espana-vii-premio-uam-asisa-ao-mellor-traballo-publicado\/"},"modified":"2020-01-28T22:46:25","modified_gmt":"2020-01-28T21:46:25","slug":"un-artigo-da-usc-sobre-o-consumo-de-cocaina-en-espana-vii-premio-uam-asisa-ao-mellor-traballo-publicado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/aemiusc.es\/en\/un-artigo-da-usc-sobre-o-consumo-de-cocaina-en-espana-vii-premio-uam-asisa-ao-mellor-traballo-publicado\/","title":{"rendered":"Un artigo da USC sobre o consumo de coca\u00edna en Espa\u00f1a, VII Premio UAM-ASISA ao mellor traballo publicado"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Os autores elaboran o perfil de poboaci\u00f3n con maior prevalencia de consumo: home novo que vive s\u00f3 e sen formaci\u00f3n ou emprego<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Un artigo de investigadores da Facultade de Ciencias Econ\u00f3micas e Empresariais da USC acaba de ga\u00f1ar o VII Premio UAM-ASISA ao mellor traballo publicado en 2015 en revistas especializadas nacionais e internacionais. O reco\u00f1ecemento, que concede a C\u00e1tedra sobre Xesti\u00f3n Sanitaria e Econom\u00eda da Sa\u00fade da Aut\u00f3noma de Madrid e a aseguradora ASISA, foi para un&nbsp;<a href=\"http:\/\/www.elsevier.es\/es-revista-cuadernos-economia-329-articulo-on-cocaine-consumption-some-lessons-S0210026615000187\">estudo sobre o consumo de coca\u00edna en Espa\u00f1a<\/a>&nbsp;que asinan os profesores da USC Manel Antelo, Pilar Magdalena e Juan C. Reboredo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Na investigaci\u00f3n, froito da tese doutoral de Pilar Magdalena, os autores utilizan metodolox\u00eda de partici\u00f3n recursiva en forma de \u00e1rbores de decisi\u00f3n e modelos de regresi\u00f3n lox\u00edstica multinomial para entender por que Espa\u00f1a est\u00e1 \u00e1 cabeza mundial en consumo de coca\u00edna entre adultos e de que maneira as caracter\u00edsticas socioecon\u00f3micas dun adulto residente en Espa\u00f1a infl\u00faen na prevalencia de ser consumidor desa substancia. Para iso, utiliz\u00e1ronse datos de aproximadamente 44.000 individuos con idades comprendidas entre 18 e 65 anos que se recollen nas Enquisas Domiciliarias sobre Alcol e Drogas en Espa\u00f1a (IDADES) e que executou a Delegaci\u00f3n do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas desde 2007 ata 2012.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u00c1 vista dos datos, os autores elaboran o perfil de poboaci\u00f3n con maior prevalencia de consumo de coca\u00edna en Espa\u00f1a: home novo que vive s\u00f3 e sen formaci\u00f3n ou emprego. \u201cEsta \u00e9 \u2013aseguran\u2013 a que deber\u00eda ser poboaci\u00f3n obxectivo de pol\u00edticas de educaci\u00f3n e prevenci\u00f3n\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Os resultados amosan que o 3,3% dos residentes con idades entre 18 e 65 anos consome coca\u00edna (xa sexa de maneira ocasional, regular ou habitual) e en calquera das s\u00faas formas, po ou base, o que sup\u00f3n un \u201cproblema de primeira magnitude en termos sanitarios, econ\u00f3micos e sociais\u201d, advirten os investigadores, que confirman diferenzas significativas entre sexos, cunha prevalencia de ser consumidor do 5,2% no caso dos homes e do 1,5% nas mulleres.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Os investigadores comprobaron tam\u00e9n que a prevalencia de ser consumidor de coca\u00edna dimin\u00fae co nivel de formaci\u00f3n, o que non sucede co nivel de ingresos do fogar. \u201cAta 1.900 euros, a prevalencia de ser consumidor de coca\u00edna aumenta cos ingresos; a partir dese limiar, dimin\u00fae\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Por \u00faltimo, a \u00e1rbore de decisi\u00f3n fai unha clasificaci\u00f3n en grupos de individuos \u201ccon preocupantes prevalencias de ser consumidores de coca\u00edna\u201d. As\u00ed, dos homes menores de 36 anos que viven s\u00f3s, traballan e pos\u00faen estudos universitarios, o 10,6% son consumidores (o 18% se non te\u00f1en estudos); dos que non viven en parella, est\u00e1n desempregados e te\u00f1en un baixo nivel de educaci\u00f3n (ou, sendo superior, baixos ingresos), o 12,2%; e dos homes de mediana idade que non viven en parella, con ingresos medios e inactivos, a prevalencia \u00e9 do 18,4%.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os autores elaboran o perfil de poboaci\u00f3n con maior prevalencia de consumo: home novo que vive s\u00f3 e sen formaci\u00f3n ou emprego Un artigo de investigadores da Facultade de Ciencias Econ\u00f3micas e Empresariais da USC acaba de ga\u00f1ar o VII Premio UAM-ASISA ao mellor traballo publicado en 2015 en revistas especializadas nacionais e internacionais. O &#8230; <a title=\"Un artigo da USC sobre o consumo de coca\u00edna en Espa\u00f1a, VII Premio UAM-ASISA ao mellor traballo publicado\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/aemiusc.es\/en\/un-artigo-da-usc-sobre-o-consumo-de-cocaina-en-espana-vii-premio-uam-asisa-ao-mellor-traballo-publicado\/\" aria-label=\"Read more about Un artigo da USC sobre o consumo de coca\u00edna en Espa\u00f1a, VII Premio UAM-ASISA ao mellor traballo publicado\">Read more<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":582,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[15],"tags":[],"class_list":["post-777","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-newsuncategorized"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/aemiusc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/777","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/aemiusc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/aemiusc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aemiusc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aemiusc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=777"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/aemiusc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/777\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aemiusc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/582"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/aemiusc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=777"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/aemiusc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=777"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/aemiusc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=777"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}