Unha investigación dirixida desde a USC revela a situación crítica das especies de peixes de augas profundas na UE

Unha investigación dirixida desde a USC revela a situación crítica das especies de peixes de augas profundas na UE

O estudo foi coordinado polo profesor Sebastián Villasante e nel participan expertos galegos, portugueses, suecos, franceses, arxentinos, estadounidenses e holandeses

Un estudo coordinado polo profesor da USC Sebastián Villasante conclúe que o 60% das cotas fixadas para a captura de peixes de augas profundas son superiores aos valores recomendados polos científicos, e que no 50% dos casos eses máximos de captura foron amplamente superados: “Cando a cota de captura se supera, faise nunha media 3,5 veces superior aos topes marcados, e nalgúns casos esas capturas foron incluso 28 veces superiores aos límites aprobados para as especies de profundidade”, afirma Villasante. Trátase do primeiro traballo no que se analiza de xeito sistemático a eficacia dos sistemas de xestión da Unión Europea para as especies de peixes de augas profundas e foi publicado orixinariamente na revista Ocean & Coastal Management . A investigación sobre a xestión das especies de augas profundas comezou en 2002, ano no que o Consello Internacional para a Exploración do Mar, que reúne especialistas internacionais en recursos mariños no Atlántico Nordeste, fixo soar as alarmas: as poboacións de especies de profundidade estaban sendo explotadas máis aló dos límites biolóxicos seguros e corrían risco de desaparecer. “Este estudo reflicte a pouca consideración que mostra o Consello Europeo polos ditames científicos sobre as capturas sostibles. Polo tanto, non é ningunha sorpresa comprobar que a explotación dos bancos dos fondos mariños está fóra dos límites biolóxicos seguros marcados polo Consello Internacional para a Exploración do Mar”, aseguran os autores do estudo, entre os que hai científicos españois, portugueses, suecos, franceses, arxentinos, estadounidenses e holandeses. Por parte da USC, e grazas á cooperación científica entre diferentes departamentos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais participaron, ademais de Villasante, Manel Antelo e David Rodríguez González; o cadro de expertos galegos pertencentes ao Campus do Mar complétase con Gonzalo Macho, da Universidade de Vigo. Necesidade dunha nova regulamentación A publicación do estudo coincide co comezo na Comisión Europea dos debates preliminares para a reforma do réxime de pesca en augas profundas, na que se agarda unha maior protección destas especies que aseguren unha maior rendibilidade económica destas pesquerías a curto e longo prazo. Nesta liña, “non respectar os consellos dos científicos e os límites de captura acordados só contribúe a unha típica situación da traxedia dos comúns e envía unha mensaxe clara de que estamos moi lonxe dun sistema de pesca sostible e ben xestionado”, conclúe o estudo, que tamén incide no “ fracaso repetido dos estados membros da UE á hora de respectar as cotas aprobadas, o que mostra a dificultade na xestión deste tipo de pesca en profundidade”. Nalgúns sistemas de pesca en alta mar captúranse máis de 50 especies distintas, e o estudo avoga por “unha mellora no cumprimento máis estrito das normas comunitarias, que viría dan man dunha reforma integral do réxime da pesca en profundidade da UE como única vía para garantir a sostibilidade ambiental, económica e social destas pescarías. Os resultados poñen de manifesto a falta de cooperación entre os diferentes actores relevantes no proceso de toma de decisións: pescadores-industria, científicos e administración pesqueira, e a reforma da política pesqueira comunitaria debería ser a plataforma para sentar as bases para una nova forma de xestionar de forma cooperativa estas pesquerías en Europa”. Outro dos problemas detectados polo estudo radica en que as novas industrias pesqueiras están a desenvolverse a un ritmo moito máis rápido do que o fan as comunidades científicas e os redactores das políticas de xestión, de modo que en ocasións os datos chegan cando xa é tarde para paliar as consecuencias desta sobreexplotación, de ahí que sexa indispensable adoptar mecanismos de cooperación entre os actores involucrados. Ecosistema moi vulnerables Os resultados tamén indican que a expansión en profundidade da frota da UE no período 1950-2006 é case o dobre da frota mundial; así, os buques de pesca da UE aumentaron a súa profundidade de pesca nunha media de 78 metros, mentres que a nivel mundial só se ampliou nunha media de 42 metros., en particular no océano Antártico no Polo Sur. Ademais, a lonxevidade media das especies capturadas pola frota da UE aumenta coa profundidade: dos arredor de 13 anos para especies de augas superficiais ata os 25 anos para especies intermediarias e os preto de 60 anos para as especies de profundidade, con exemplares mesmo centenarios. A investigación confirma que a pesca en profundidade está incidindo sobre un tipo de especies cun ciclo vital máis longo e, polo tanto, máis vulnerables. Sebastián Villasante, coordinador do estudo

Utilizamos Cookies propias y de terceros para facilitarle la navegación y mostrarle información relacionada con sus preferencias. Consulte nuestra Política de cookies Si rechaza las cookies podría afectarse la funcionalidad o el uso de esta web Pulsa el botón Aceptar para confirmar que has leído y aceptado la información presentada. Después de aceptar, no volveremos a mostrarte este mensaje.    Configurar cookies
Privacidad